Tuesday 05 de November de 2024

Laxe celebra este sábado a XIII edición do seu Magosto e Mostra de Artesanía


• As actividades desenvolveranse de 17:30 a 20:30 horas no pavillón polideportivo municipal

• Haberá música, obradoiros, inchábeis e castañas e bebida de balde para as persoas asistentes

• Realizaranse tamén talleres de diferentes artesanías, como cestería, olería, coiro ou bixutería

O Concello de Laxe celebra este sábado, 9 de novembro, a XIII edición do seu Magosto e Mostra de Artesanía.

As actividades desenvolveranse de 17:30 a 20:30 horas no pavillón polideportivo municipal.

Durante a tarde as persoas asistentes poderán gozar de obradoiros, inchábeis e castañas e bebida de balde. A xornada estará amenizada coa música da charanga C.C. A Ponte Vella.

Realizaranse tamén talleres de artesanías varias, como cestería, olería, coiro, bixutería ou bolillos.

Deja un comentario