Tuesday 05 de November de 2024

O Concello da Pobra contribúe á divulgación do Camiño A Orixe mediante guías de viaxe


O Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe colle un novo impulso coa edición dunhas guías de viaxe. Unha publicación que conta co apoio do Concello da Pobra do Caramiñal ao ser un dos municipios polos que discorre esta ruta xacobea.

O párroco e presidente da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe, don Manuel Antonio Villar, e a secretaria da entidade, Marián Treus, achegáronse neste 4 de novembro ata a casa consistorial para presentárlle-lo resultado final ao alcalde, José Carlos Vidal, e á concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Aquí ofrécese información sobre a asociación, unha introdución ao Camiño e datos relevantes sobre as seis etapas, ademais dun mapa co trazado. E, mediante código QR, pódese acceder á versión dixital. No papel están dispoñibles en castelán e inglés e, no formato dixital, súmase o alemán e francés.

Estas guías estarán dispoñibles nas oficinas de Turismo de tódalas localidade polas que pasa A Orixe, ademais da Oficina do Peregrino e San Martín Pinario, en Santiago.

Deja un comentario