Friday 22 de November de 2024

Actividades para familias


Esta semana temos dúas novas actividades para familias.

Mércores 6 (Saída do Parque do Anllóns ás 17.00 horas). Ruta en familia polas ribeiras do Anllóns para coñecer a riqueza natural do noso río, nunha actividade do programa Medrando con Apego dirixida a familias con nenos/as de ata 6 anos.
Xoves 7 (Escolas do Xardín Agra de Caldas ás 17.30 horas). Con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso na Escola, declarado pola Unesco, teremos unha nova sesión da Escola de familias pola educación en igualdade na que falaremos de acoso e ciberacoso. Actividade dirixida a pais, nais, titores/as e docentes de nenos/as e adolescentes de todas as idades.

Inscricións de balde en snl@carballo.gal