Friday 22 de November de 2024

A saúde mental abórdase nunha función dentro do ciclo teatral do outono na Pobra


O ciclo teatral do outono leva ás táboas do Elma a segunda das funcións dentro desta programación que se desenvolverá aos domingos do mes de novembro e a primeira semana de decembro.

“Traemos a segunda das cinco pezas teatrais que se representan na Pobra do Caramiñal por estas datas. Como cada outono, as artes escénicas teñen un forte protagonismo na oferta cultural”, apunta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, sobre esta axenda que chega á localidade coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

De Ste Xeito Producións subirá ao escenario con Neura… Unha comedia neurótico-festiva, no domingo, 10 de novembro, ás 19.00 horas. Aquí abórdase o tema da saúde mental a través de dous protagonistas que viviron no pasado a súa historia de amor, así como de desamor, por mor de teimas propias e alleas. O azar fai que se volvan atopar en distintas circunstancias, tras pasaren os anos, cunha versión actualizada da persoa que coñeceron despois de diferentes terapias.

O acceso é libre ata completa-la cabida.