Thursday 21 de November de 2024

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso


A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración que permite poñer en valor as prácticas tradicionais no agro e, ao tempo, promocionar os seus produtos de calidade, neste caso, de maneira especial, os derivados do porco.

Gómez, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Álex Doval, destacou o feito de que esta cita estea organizada pola asociación de veciños A Pena do Tesouro, en colaboración con diferentes administracións, entre elas a Xunta, e resaltou tamén que o evento acade xa este ano a súa edición número quince.