• Mañá luns día 4 de novembro se publicarán os centros de recollida do Concello no que os veciños e veciñas poderán depositar alimentos non perecedoiros e de material de limpeza
O Concello de Carral colaborará coas Anpas dos centros educativos do municipio nunha campaña de axuda aos afectados pola DANA de Valencia.
Mañá luns día 4 de novembro se publicarán os centros de recollida do Concello no que os veciños e veciñas poderán depositar alimentos non perecedoiros e de material de limpeza. A Anpa Ana Lastra xestionará o transporte directo a Valencia cunha empresa carralexa (Transfrigomedin s.l) que se ofreceu de xeito gratuíto para facer chegar estas doazóns ao corazón da catástrofe.
Desde o Concello lembran que o que se precisa son alimentos básicos: auga, leite, pan de molde, latas de atún e alimentación infantil.
Tamé, artigos de hixiene persoal: cueiros, cepillos de dentes, xel, champú, cepillos de pelo, toalliñas, cremas, e produtos de hixiene íntima como compresas.
E por outra, banda, maquinaria de limpeza e artigos de limpeza doméstica: vasoiras, panos, produtos de limpeza.
O Concello de Carral agradece ás Anpas a campaña solidaria que está a poñer en marcha coa colaboración do Concello e está convencido de que será un éxito dada a solidariedade do pobo carralés.