Desde o vindeiro luns pecharase o cruce con Pórtico habilitándose desvíos para dúas garaxes e carga e descarga. As tarefas rematarán nas vindeiras semanas e permitirán abrir o tramo ao tránsito peonil ao finalizar os traballos
As obras de reurbanización de San Andrés encaran desde a semana que vén a súa fase final, coa formigonaxe do primeiro dos tramos, o que discorre entre rúa Nova e Pórtico. Desde o luns levaranse a cabo as últimas actuacións de canalización de servizos no cruzamento con Pórtico, que quedará pechado a todo tránsito rodado e, se a climatoloxía o permite, a finais de semana acometerase a formigonaxe dese tramo da rúa.
A intención, indicou o concelleiro de Economía e Proxectos Estratéxicos, José Manuel Lage, é que os traballos específicos dese tramo finalicen nas vindeiras semanas. En paralelo, e tamén desde o próximo luns, comezará a instalación das máis de 50 farola previstas, todas elas con luces led. Tamén comezarán a chegar as primeiras moreiras de Valdeorras que darán á rúa a súa configuración como bulevar. As moreiras son da variedade fruitless para minimizar as manchas no pavimento.
“Os cidadáns poderán ver como será a configuración definitiva de San Andrés ao rematar a formigonaxe, e en canto se vaian rematando os diferentes tramos iremos acometiendo a apertura parcial por zonas para o tránsito peonial”, indicou Lage Tuñas.
O peche desde o luns do cruce con Pórtico suporá que a zona que actualmente emprégase como carga e descarga deixará de ser accesible para os vehículos que saían por Álvaro Cebreiro. Agora, no horario establecido para a carga e descarga, de seis a once da mañá, poderán saír pola rúa Olmos. No que afecta as dúas garaxes afectados, terán que acceder a San Andrés pola rúa Sol e saír pola Estreita de San Andrés. O percorrido que terán que facer temporalmente eses vehiculos mentres duren as orbas será pola rúa Orzán, Pórtico, Boquete de San Andrés e Sol.
A renovación de San Andrés foi un compromiso adquirido pola alcaldesa, Inés Rey, co obxectivo de contribuír á dinamización comercial da vía e mellorar o seu carácter peonil. As actuacións, que avanzan dentro dos prazos previstos e que teñen como data de remate o mes de febreiro do 2025, supoñen un investimento de 3,2 millóns de euros.