O programa “Actívate” chega a Ardaña en colaboración coa Asociación de Veciños Santa María
O programa Actívate, que agrupa actividades de distintas áreas do Concello de Carballo, segue viaxando dun extremo a outro do noso extenso concello, e chega agora a Ardaña en colaboración coa Asociación de Veciños Santa María. As actividades arrincarán este xoves 11 ás 19.00 horas cunha sesión teórico-práctica sobre primeiros auxilios no fogar que impartirá …










