A escola infantil de Neda abre o curso con 23 alumnos e alumnas e matrícula aberta para novas incorporacións
A escola infantil municipal Os Pelegríns arrincou o curso 2024-2025 cun total de 23 nenos e nenas nas súas aulas. Segundo anunciaba esta mañá o alcalde de Neda, Ángel Alvariño, durante unha visita ao centro, o principal equipamento de conciliación do municipio, situado xunto ao paseo marítimo de Xuvia, manterá aberto o prazo de matrícula …









