A Concellaría de Dereitos Sociais reforza a colaboración con AGADEA e sobe ata máis de 21.000 euros a súa achega á entidade
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, destinará este ano 21.150 euros á subvención nominativa que recibe AGADEA, a Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, fronte aos 3.000 euros de anos anteriores. Con este incremento da achega municipal, o departamento que dirixe María Rozas …










