Mañá celébrase a tradicional sardiñada da praia de Mera
O bo tempo vai acompañar mañá para a celebración da tradicional sardiñada da praia de Mera, que organiza o Concello de Oleiros en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca. A festa comezará a partir das 20:00 horas. Venderanse tanto sardiñas asadas como crúas, poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen …









