O programa Feito coas túas mans culmina cuns obradoiros de Nadal
Cestería, macramé, cerámica, madeira e xabóns integraron a oferta dos obradoiros de artesanía Feito coas túas mans; unha iniciativa da Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal para potencia-la creatividade da veciñanza, dinamiza-los centros socioculturais e dar a coñece-lo traballo de artesáns da contorna. “O éxito foi espectacular. Enchemos a capacidade de tódolos obradoiros …










