Cheo na apertura das Xornadas Carballo na Memoria con Antón Rodríguez Casal, que guiou unha viaxe polos 50 anos da Carta Arqueolóxica de Bergantiños
As Xornadas Carballo na Memoria arrancaron cunha excelente resposta de público. Máis de 70 persoas encheron as Escolas do Xardín Agra de Caldas para asistir á conferencia de Antón Abel Rodríguez Casal, a primeira que ofrece desde a súa xubilación no ano 2022, e que estivo dedicada aos 50 anos da Carta arqueolóxica do partido …










