Pecha o prazo de candidaturas con Aitor Bouza como único aspirante a revalidar a Secretaría Xeral do PSdeG compostelán
A Secretaría de Organización da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Santiago informa que, unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, só se rexistrou unha proposta para a Comisión Executiva Municipal da agrupación, encabezada polo actual secretario xeral, Aitor Bouza. Esta elección enmárcase dentro dos procesos de renovación que comezou o Partido Socialista …










