Alumnado universitario, de FP ou de bacharelato de Neda poderá optar a axudas municipais de transporte
O Concello de Neda convoca axudas, en concorrencia competitiva, para colaborar coas familias con recursos económicos máis axustados do municipio nos gastos derivados do transporte do alumnado matriculado no curso 2024-2025 en centros universitarios, ciclos formativos de formación profesional, bacharelato, e outros cursos de formación ocupacional que habiliten para o desempeño dunha profesión ou oficio. …










