O BNG da Laracha esixe información e transparencia sobre o proxecto dunha central hidráulica reversible en Montemaior
O BNG da Laracha vén de rexistrar unha batería de preguntas para o vindeiro pleno municipal co obxectivo de esclarecer a falta de información existente arredor do proxecto dunha central hidráulica reversible prevista no concello, concretamente na zona de Montemaior, que vén de recibir unha subvención de 40 millóns de euros por parte do IDAE. …










