O Concello investirá 1 millón de euros no Ventorrillo para construír o primeiro parque infantil cuberto da cidade
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a saída a concurso de dúas intervencións valoradas en máis de 1,6 millóns de euros, que permitirán avanzar co Plan de Barrios 2025-27, tanto no Ventorrillo como en Elviña A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, a derradeira deste mes …










