A Noite Europea das Persoas Investigadoras convídate a ver, escoitar, tocar e ulir o cosmos con “Universo accesible”
• O mercado municipal acollerá o domingo 27 tres funcións dunha experiencia teatral multisensorial concibida desde a súa orixe para públicos con capacidades e necesidades diversas • O espectáculo incorpora subtitulación, audiodescrición, bucle magnético, anticipación de estímulos, materiais táctiles e un espazo de calma A que cheira a Lúa? Pódese escoitar unha nebulosa? Como é …









