Máis dun centenar de estudantes participan este sábado na VII Carreira escolar do Concello de Neda
Un total de 112 nenos e nenas inscribíronse para participar este sábado, 15 de xuño, na “VII Carreira Escolar Concello de Neda”. A proba, que dará comezo ás 10 horas, desenvolverase na contorna do albergue de peregrinos, no paseo marítimo de Xuvia. Dirixida a menores de entre 4 e 12 anos, a competición incluirá …