Presenza de ordenses nos campionatos autonómicos e nacionais de salvamento e socorrismo
Os rapaces e rapazas de Ordes afeccionados ás probas de salvamento e socorrismo seguen deixando ben alto o palmarés do municipio. Recentemente Antía Martínez, do Club Natación Cerceda, proclamouse subcampioa galega infantil na proba de 50 metros manequín aletas. O Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo tivo lugar no concello de Carballo hai escasos días. …






