A Fundación CETMAR coordina un novo proxecto para mellorar a preparación e resposta ante episodios de contaminación marítima
A iniciativa MARINER conta coa participación de socios galegos e europeos e desenvolverase ata finais do 2017 con financiamento da Comisión Europea O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR coordina o proxecto MARINER, que ten como obxectivo mellorar a cooperación rexional na planificación, preparación e resposta a derrames de sustancias nocivas e potencialmente perigosas (SNPP). Para …




