Trangalleiro Teatro representa en Brión “Entre mulleres e homes”
O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 29 de novembro, ás 19:00 horas, a representación de “Entre mulleres e homes”, a cargo da companía de teatro afeccionado brionesa Trangalleiro Teatro. Trátase dunha selección de escenas sobre o maltrato, a desigualdade, o machismo… coas que Trangalleiro Teatro tratará de facer reflexionar ao público sobre …





