Pleno cheo de unanimidades pero con final bronco en San Sadurniño
O pleno ordinario deste primeiro sábado de maio prometía ser unha sesión con escaso disentimento entre os grupos, habida conta de que a maioría dos puntos eran os que habitualmente se denominan como “de trámite”. Así, BNG, PP e PSOE aprobaron por unanimidade o acordo de delegación definitiva na Deputación da cobranza de impostos en …









