Trinta nenos e nenas desfrutaron do XXII Campionato de Pesca Infantil de Frades
A área recreativa da piscina municipal de Papucín acolleu a edición número 22 do Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades. O evento reuniu a trinta nenos e nenas do municipio, que estiveron acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas. Durante a competición a rapazada capturou varios exemplares que puideron levar posteriormente …










