O Concello de San Sadurniño encarga a reparación das pistas da Fraga a Igrexafeita e de Cabanela a Sabanda
A Mesa de Contratación do Concello propuxo hai escasos días a adxudicación dun proxecto de obra para dous tramos da rede viaria municipal, un que une lugares de Ferreira e Igrexafeita e outro que se desenvolverá integramente en Santa Mariña do Monte. Trala revisión das ofertas técnicas e económicas, e unha vez que se …







