A Fábrica acolle o xoves o acto de entrega do IV Premio Mundiario de xornalismo
O xornalista José Castro López será condecorado co IV Premio Mundiario que se entregará na Fábrica o vindeiro xoves 22 de xaneiro, ás 20 horas. O xurado outorgoulle a distinción en recoñecemento á súa extensa traxectoria no ámbito da comunicación e, especialmente, polo seu compromiso sostido coa liberdade de expresión e a defensa da cultura. …










