A rúa San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia e contribuír á visibilización desta síndrome crónica
Esta iniciativa, froito da colaboración entre o Concello e a asociación Fibro Visibles, abre camiño á lectura do manifesto que terá lugar mañá ás 11.30 horas na praza de María Pita O Concello da Coruña, en colaboración coa asociación Fibro Visibles, reforza as accións conmemorativas polo Día Mundial da Fibromialxia, que terá lugar este martes …










