O servizo atende 294 atencións ligadas a 205 casos e rexistra 42 incidentes de odio, 33 deles agresións, encadeando tres anos de descenso
Nereida Canosa: “Blindaremos dereitos e aplicaremos a lei, ao tempo que pedimos actualizar a Lei 2/2014 de Galicia” O Goberno municipal presentou hoxe o sétimo informe do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, recurso xestionado pola entidade ALAS A Coruña. O documento recolle 205 casos atendidos en 2024 a través de 294 atencións (case catro novos …









