A Pobra oferta unha programación cultural ampla, plural e segura nas Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán
Con motivo da vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal volverase converter nun fervedoiro cultural. O programa deste evento está composto por un amplo e plural abano de actividades para tódolos públicos que se desenvolverán dende o 16 ao 31 de outubro, incluíndo teatro, exposición, ofrenda cívica ou conferencias, …





