Axenda fin de semana en Cariño
Mañá, sábado 22 de maio ás 20 horas, Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luís Gutiérrez ‘Guti’ presentarán no Auditorio Municipal o seu espectáculo de palabras cruzadas ‘Tres vellas (polo menos)’. Neste exclusivo show, só para os gostos mais requintados, manifestaranse as olladas profundas, as mans encalecidas de todas as labouras e o afiado sentido …




