Preto dun cento de veciños e veciñas de Boqueixón participa no concerto “O país das bandas”
Preto dun cento de veciños e veciñas de Boqueixón déronse cita na Carballeira de Rodiño na mañá de onte domingo para desfrutaren da actuación da Banda Municipal de Música de Agolada. Un concerto incluído no programa “O país das bandas”, iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares …









