A Xunta comeza esta semana novas tarefas de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense
― Comezarán os traballos nas estradas AC-543 e AC-301, ao seu paso polo municipio coruñés de Rois, ao tempo que continúan as tarefas iniciadas hai dúas semanas na AC-413, en Ordes ― Iniciaranse as tarefas nas estradas lucenses LU-120, en Vilaba, e na LU-122, en Meira e Lourenzá, seguindo cos labores de roza na LU-172, …








