A poeta uruguaia Ida Vitale, gañadora do Premio Cervantes, visita por primeira vez a cidade da Coruña da man do ciclo Poetas Di(n)versos
Vitale, de 98 anos, protagoniza un recital poético no centro sociocultural Ágora xunto ao escritor galego Manuel Rivas. Será o próximo luns 28, a partir das 20.00 horas, con entrada de balde O auditorio do centro sociocultural Ágora abrirá as súas portas o vindeiro luns 28 a unha referente da poesía hispánica contemporánea. Aos seus …










