Preto de 200 persoas participaron na terceira edición da Zumba Class Solidaria, celebrada no pavillón municipal do Forte
Preto de 200 persoas déronse cita este sábado pola tarde no pavillón municipal do Forte de Boqueixón para participaren nunha Zumba Class Solidaria, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón diante do éxito acadado polas dúas primeiras edicións no ano 2023. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a colaboración solidaria das persoas participantes, que …