O Concello presenta santiagosostible.gal, un punto de encontro para todas as iniciativas relacionadas co novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou esta mañá no parque de Galeras a nova imaxe e a web do servizo de limpeza viaria, santiagosostible.gal, un punto de encontro da cidadanía co servizo. Este espazo servirá para facer máis accesible a información e simplificar certos trámites, como por exemplo a solicitude de composteiros, e …










