O alcalde da Pobra pon en valor o programa Erasmus+ en relación co crecemento persoal e educativo da mocidade
O IES da Pobra do Caramiñal atópase novamente inmerso en actividades de intercambio cultural ao abeiro do programa Erasmus+, nesta ocasión, co centro educativo Dvořákovo gymnázium, da cidade checa de Kralupy nad Vltavou. No mes de abril, cambiará a quenda e será o alumnado pobrense quen visite a República Checa. A colaboración de ámbolos institutos …










