O Concello de Frades conmemora o 25N baixo a lenda “Con valentía podemos vencer”
O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, repartiu material conmemorativo da campaña no CPI de Ponte Carreira e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista A casa do concello de Frades acolleu este mediodía unha concentración en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero na que participaron traballadores e traballadoras municipais. …









