O Pleno dá luz verde, de xeito provisional, á modificación do PXOM sobre a regulación de usos
Na sesión ordinaria de novembro celebrada esta mañá, o Pleno aprobou de forma provisional a modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación dos usos e actividades complementarias, entre elas as vivendas de uso turístico …










