Lousame acollerá un seminario intensivo de defensa persoal feminina dirixido a mulleres de entre 14 e 70 anos de idade
Lousame acollerá o vindeiro 4 de marzo un seminario intensivo de defensa persoal feminina, promovido pola Deputación da Coruña. Unha iniciativa dirixida a mulleres empadroadas na provincia con idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos de idade. O seminario terá unha duración de catro horas e será de carácter gratuíto. Haberá un máximo …










