O alcalde visita o avance das obras da cuberta das piscinas do complexo de Fontes do Sar
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou na mañá deste venres as obras da cuberta telescópica das piscinas do complexo de Fontes do Sar. Fíxoo acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, a arquitecta responsable do proxecto, Idoia Camariuaga, e a xefa técnica …