O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe ao Leyma Básquet Coruña tras acadar onte o seu ascenso á Liga ACB.
O titular do Executivo galego encomiou o esforzo amosado por equipo e corpo técnico tanto durante a tempada regular como na Final Four celebrada esta fin de semana no Coliseum da Coruña, da que resultaron gañadores. O presidente tamén tivo palabras para a directiva e para a afección do club, que non deixou de crer. …










