A Bandeira Azul xa loce na praia de Caión
O Concello tamén conta cun Sendeiro Azul e un Centro Azul de educación ambiental. Desde este mediodía na praia de Caión volve ondear a Bandeira Azul despois de que unha ampla representación do goberno local -encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela- realizase o primeiro izado xunto aos membros do equipo de salvamento e socorrismo. …









