A Big Band da Escola Municipal actúa o domingo na casa do pobo de Dorneda
A Big Band da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este domingo 22 de outubro, ás 13:00 horas, na pista polideportiva da casa do pobo de Dorneda. Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía.










