En marcha as obras de pavimentación do camiño da Areosa, en San Cidre
· O obxectivo é acondicionar e realizar a limpeza de cunetas. Xa están en marcha as obras de repavimentación da travesía de San Cidre, máis coñecido como camiño da Areosa. Os traballos consisten no acondicionamento do firme, que presentaba un estado deteriorado debido ao desgaste ao longo dos últimos anos; e a limpeza de cunetas. …