Quince elaboracións culinarias integran a segunda edición do receitario da Pobra
A gastronomía eríxese como un potente recurso turístico da Pobra do Caramiñal, onde os produtos do mar son os grandes protagonistas das elaboracións que saen dos fogóns dos restaurantes. Por iso, a Concellaría do Turismo lanza a segunda edición do receitario Da praia ó prato; unha mostra do que se pode degustar na hostalaría local …










