O Concello de Ribeira contratará a un docente para impartir o curso de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio
O Concello de Ribeira ven de solicitar unha subvención para impartir a acción formativa de “Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio”, do Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. Así, contratará a un docente mediante contrato de servizos para a docencia e titorías de dito curso, cunha duración total de 618 horas. …









