O Concello acondiciona a contorna do Estadio Vero Boquete logo da retirada de 70 toneladas de materiais acumulados durante décadas
Distintos departamentos municipais, xunto con empresas concesionarias de servizos, procederon á limpeza e acondicionamento da contorna do Estadio Vero Boquete, en San Lázaro, que amoreou 70 toneladas de terra e materiais na zona de aparcadoiro. Segundo explicou o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, realizouse unha intervención coordinada de limpeza de superficie, de redes de saneamento, …









