Este mércores bota a andar o proxecto “Atoparnos en San Sadurniño” promovido polo colectivo artístico RPM para atallar a soidade por medio da arte
Fomentar as relacións sociais e atallar a soidade non desexada entre as persoas maiores a través da creación artística, sexa do tipo que sexa. Ese é o principal obxectivo -ou obxectivos- da iniciativa “Atoparnos en San Sadurniño” que bota a andar este mércores no noso concello como proxecto piloto promovido pola Asociación Cultural Colectivo Residencias …









