O pavillón da Gándara acollerá a vindeira semana o “XXX Torneo de balonmán Cidade de Narón”
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou esta mañá xunto con Alejandro Basoa e Paula Foces, presidente e vicepresidenta respectivamente do Club Balonmán Narón, o “XXX Torneo de balonmán Cidade de Narón”. O edil naronés informou que a competición se levará a cabo o vindeiro 15 de xuño nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da …










