O Concello e as catro seccións integradas en Xiria despedirán os actos do 40º aniversario da entidade cunha gran festa
No fértil (deportivamente falando) ano 1983 naceron en Carballo dúas entidades que nos teñen dado ben alegrías: Escola Lubiáns e Asociación Deportiva Xiria. Con Escola Lubiáns, que leva corenta anos promovendo a práctica do hóckey a patíns e, máis recentemente, a patinaxe artística, celebramos non hai moitas semanas un sinxelo acto de recoñecemento e agradecemento …